De acordo co establecido pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que está facilitando os seus datos de carácter persoal ao Responsable do tratamento: SOCIEDADE PARA INNOVACION E ESTUDO DO SOLO S.L. (en adiante, ACÍES), con dirección na RÚA SIL, NÚMERO 5, 3*, 32630, XINZO DE LIMIA, OURENSE e correo electrónico info@aciesapartamentos.com.


1.- Finalidade do tratamento

Os datos recompilados serán unicamente os detallados no formulario de contacto, así como aqueles que vostede mesmo nos facilite no apartado «Comentarios».

ACÍES poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:

  • Xestionar a súa navegación a través do Sitio web.
  • Xestionar o servicio de atención ao cliente, para dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquietudes que poida ter relativas á información incluída no Sitio web, así coma calquera outra consulta que poida ter.
  • Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relación que ACÍES manteña con vostede.

O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria pode comportar que non sexa posible xestionar a súa petición a través do formulario de contacto.

No caso de que nos aporte Datos persoais de terceiros, vostede responsabilizarase de ter informado e obtido o consentimento dos devanditos terceiros para ser aportados coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes da presente Política de privacidade e a Política de cookies.


2.- Lexitimación do tratamento dos seus datos de carácter persoal

A lexitimación baséase no consentimento que vostede nos outorga ao premer na caixa de verificación «Lin e acepto a Política de privacidade».


3.- Destinatarios de cesións

Non cederemos os seus datos a terceiros, salvo para dar cumprimento a una obriga legal.


4.- Dereitos

Por último, indicámoslle cales son os seus dereitos en materia de protección de datos.

  • Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
  • Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ao esquecemento).
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento e a opoñerse ao tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos.
  • Dereito á retirada do consentimento.
  • Para exercer os seus dereitos non ten máis que realizar unha solicitude por escrito e acompañala dunha copia do seu DNI.

ACÍES dispón de formularios adecuados ao respecto. Non ten máis que solicitalos ou ben presentar o seu propio escrito en info@aciesapartamentos.


5.- Medidas de seguridade

ACÍES ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural ao que están expostas.