Experiencias
Escápate e disfruta das nosas promocións de inverno e primavera!
Desconecta e almorza con vistas singulares ao Parque Nacional Illas Atlánticas. Pasa unha noite en Acíes e goza dunha cesta exclusiva con produtos de proximidade por cortesía de Acíes Apartamentos Turísticos.
Que inclúe este pack?1 noite en Acíes + cesta almorzo.
* Estancias do 1 de setembro ao 14 de xuño.
Prezo:240 € apartamento con terraza / 260 € apartamento con terraza premium.
Reservas:
Promoción válida para reservas en reservas@aciesapartamentos.com / +34 619 658 202.
Suxeito a dispoñibilidade.
Vive unha fin de semana no corazón das Rías Baixas e descobre as illas Cíes, unha das xoias do único Parque Nacional de Galicia. Viaxa en barco ás illas Cíes e coñece todos os seus segredos nunha visita guiada única por cortesía de Acíes Apartamentos Turísticos.
Que inclúe este pack?2 noites en Acíes + cesta almorzo + viaxe de ida e volta ás illas Cíes con visita guiada para dúas persoas.
* Estancias do 1 de setembro ao 14 de xuño.
Prezo:360 € apartamento con terraza / 400 € apartamento con terraza premium.
Reservas:Promoción válida para reservas en reservas@aciesapartamentos.com / +34 619 658 202.
Suxeito a dispoñibilidade.
Escapa unha semana a Acíes e goza da riqueza natural e da singular gastronomía local en parella, en grupo ou en familia en calquera momento do ano. Relaxa, explora e saborea unha selección de produtos locais de primeira calidade nunha nasa gourmet, que inclúe un exclusivo viño de uva Tinta Femia, un Albariño, conservas e queixo, por cortesía de Acíes Apartamentos Turísticos.
Que inclúe este pack?7 noites en Acíes + cesta almorzo + viaxe ás illas Cíes con visita guiada + nasa gourmet.
* Estancias do 1 de setembro ao 14 de xuño.
Prezo:900 € apartamento con terraza / 1000 € apartamento con terraza premium.
Reservas:Promoción válida para reservas en reservas@aciesapartamentos.com / +34 619 658 202.
Suxeito a dispoñibilidade.
Os nosos apartamentos
As nosas instalacións, inauguradas no verán de 2021, contan cun total de 8 apartamentos turísticos, un deles accesible. Todos teñen capacidade para 4 persoas e instalacións de climatización, wifi e domótica, alimentados por enerxía solar.
Tarifas e reservas
Apartamento | 1 noite | 2 noites | 7 noites |
---|---|---|---|
Terraza |
Verán --- €
Resto ano 250 € |
Verán --- €
Resto ano 375 € |
Verán 1800 €
Resto ano 900 € |
Terraza premium |
Verán --- €
Resto ano 275 € |
Verán --- €
Resto ano 425 € |
Verán 1980 €
Resto ano 1000 € |
- Verán: 15 de xuño – 31 de agosto (Estancia mínima 7 noites).
- Todos os prezos inclúen IVE.
- Pagos: 50% doimporte total ao formalizar a reserva e 50% restante 30 días antes da chegada.
- Cancelacións: sen custes con máis de 30 días antes da data de chegada, 50% do importe da reserva entre 7 e 30 días antes da data de chegada, 100% do importe da reserva con menos de 7 días antes da chegada ou se o cliente non se presenta.
- Para estancias de fin de semana (temporada baixa): entrada o venres a partir das 17:00 h e saída o domingo antes das 19:00 h.
Reserva o teu apartamento da forma que prefiras. Podes chamarnos por teléfono, enviarnos un correo electrónico ou contactarnos a través do seguinte formulario.
Contorna
Nos arredores de Acíes
A praia de Santa Marta, a 5 minutos a pé de Acíes Apartamentos Turísticos, é o lugar perfecto para relaxarse, pasear ou practicar actividades acuáticas. Os amantes do sendeirismo poden, desde este punto, seguir distintos tramos da senda costeira Cangas-Donón.
Desde Santa Marta en dirección este (Acíes-Cangas), a senda é un agradable roteiro de 5 km ao bordo do mar que, tras deixar atrás furnas, unha antiga factoría e unha baleeira en desuso, chega a Cangas. Ademais de gozar da súa gastronomía e o seu centro histórico, desde Cangas hai saídas regulares en ferry a Vigo e ás illas Cíes. Á volta, existe a opción de tomar un taxi e regresar a Acíes Apartamentos nun traxecto de menos de 10 minutos.
En dirección oeste (Acíes-Nerga), esta senda percorre 4 km ata chegar ás Praia de Nerga, que, situada no Espazo Natural Protexido de Cabo Home, comparte un extenso piñeiral coas praias de Viñó e Barra. Desde este punto o roteiro conecta co Sendeiro Azul, de 11 km de lonxitude, que permite ao camiñante descubrir a Costa dá Vela, cos seus tres faros, as súas impresionantes vistas ás Illas Cíes e o rico patrimonio arqueolóxico do Monte do Facho.
En dirección norte (Acíes-Aldán), unha senda de 3 km conduce ata Aldán, unha vila mariñeira que, caracterizada pola súa arquitectura popular, conta cunha ponte de pedra de orixe medieval e onde cada ano, o 20 de xaneiro, celébrase a festa da danza de San Sebastián de Aldán, cuxo orixe se remonta a 1650.
A 300 metros de Acíes hai un restaurante especializado en mariscos, peixes e tapas. E, para gozar da vida nos apartamentos, lembramos que hai unha variada oferta de restaurantes en Cangas con servizo de entrega a domicilio.
Visualiza ou descarga os roteiros dos arredores de Acíes
Outros plans preto de Acíes Apartamentos
En Cangas recomendamos tamén a visita ao conxunto monumental de O Hío e a finca do Frendoal ou "Bosque encantado". Sen abandonar a comarca do Morrazo, atoparás as veciñas localidades de Bueu, co Museo Massó, Marín, co Pazo de Lourizán, e Moaña, cun interesante patrimonio arqueolóxico, entre o que sobresae Chan de Arquiña.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas é outra visita imprescindible, con saídas regulares en barco ás Illas Cíes desde diversos portos (entre eles Cangas), e á Illa de Ons. En ambos os arquipélagos gozarás de praias, roteiros de sendeirismo e excelentes vistas panorámicas.
Preto de Cangas están as cidades de Pontevedra e Vigo. En Pontevedra recomendamos pasear polo seu centro histórico, descubrindo a Basílica de Santa María a Maior, a Capela da Peregrina e o Museo Provincial. En Vigo, conectado por ferry con Cangas, destacan o seu centro urbano, as antigas casas de pescadores do barrio do Berbés, o miradoiro do Castro, o Parque de Castrelos e o Museo do Mar.
Estas son algunhas ideas da infinidade de atractivos que hai na nosa contorna. Asesorarémosche sobre lugares a visitar, experiencias e eventos en función das túas preferencias e da duración da túa estancia. Por suposto, aconsellarémosche sobre furanchos, adegas tradicionais, gastronomía local, mariscos e viños únicos das Rías Baixas.